Acabou a rodaxe
Só foron dúas semanas pero pareceron dous meses.
Foron nove xornadas de xornada (máis unha de reflexión) nas que pasou de todo. Diante e detrás das cámaras. Non sei se foron as dúas semanas máis intensas da miña vida, pero desde logo eu non lembro nada parecido a isto.
E sen dúbida, pagou a pena.
non puiden durante estas semanas poñer ao día este blog. Pero con case total puntualidade fun rexistrando en audio as experiencias de cada día e dentro de pouco pasareinas a limpo para compartilas nesta páxina.
Agora queda unha semana de desconexión e descompresión e, para a semana que vén, empeza o espectáculo: non sei cántas semanas ou meses de montaxe pero a ben seguro que bastantes.
Comeza a postprodución...
luns 23 marzo 2009
En Xeral | 1 comentario | Permalink
Comentarios
Enviar un comentario
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS
Pola miña parte estou impaciente por ve-la ...
Bueno, e solo me queda desexarche que a montaxe vaia tan ben (ou mellor) do que parece que foi a rodaxe.
Bicos dende Madrid
enviado por Esther o 25 marzo 2009 ás 04:19 PM CET #