No parón de Nadal

É Nadal e o mundo párase. Hai uns anos este asunto molestábame profundamente -e iso que sempre sentín bastante simpatía por estas festas-, pero unha cousa é que estea ben iso da xente saindo de farra e desexándose bos acontecementos os uns aos outros, e outra ben distinta é que non poidas facer nada útil durante dúas semanas... Pero iso acabou. Non o da inutilidade destes días, senón que agora estou afeito á idea. E prefiro disfrutar do dolce far' niente como dicía o outro.
       Isto, claro, á espera de que á volta de reis, comece a preprodución acelerada da película. Serán case dous meses de preparación nos que teremos que ir afinando a parte técnica -especialmente complicada dadas as características da película- e, sobre todo, seguir co traballo cos actores, madurando os seus personaxes,as súas relacións... E é que esta parte resúltame especialmente agradecida. De momento, son poucos os actores cos que xa demos pasos adiante no desenvolvemento dos seus personaxes, pero en tódolos casos, as reunións acaban con esa enerxía especial tinguida de entusiasmo que xorde cando se ten a sensación de estar facendo algo distinrto, algo especial.
       Outro aspecto no que o tren comeza a moverse é o da música. O gran Piti Sanz, amigo, compañeiro de loucuras e proxectos desde hai máis de vinte anos, xa está traballar na preparación dalgúns dos temas que Luis Tosar tocará polas rúas... E xuro que hai algún fermosísimo!
       Pero, de novo, todo comezará a moverse de verdade aló polo día oito de Xaneiro, cando o mundo volva funcionar con normalidade -se é que tal cousa existe-.

     Mentres, unha aperta e bo nadal!

martes 30 decembro 2008

En Xeral | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado