Un día...

Só falta un día... E este é o careto co que afronto o inicio da rodaxe. Mañá ás sete chegan os eléctricos a un bar da zona vella de Santiago a iluminar a primeira secuencia da película.

É de supoñer que todo irá ben, pois os actores son perfectos e están volcados -tanto que esta noite non van durmir, para poder así compartir cos seus personaxes ese estado alterado de consciencia co que arrancan a película-. Se cadra é unha loucura, pero a min a verdade é que a cousa me pinta ben e agradezo a súa vehemencia.

E que podo contar destaderradeira semana de preprodución? Pois que foi a máis suave de todos cantos proxectos tiven entre as mans. Normalmente o final da preprodución é unha etapa chea de nervios, tensión, incertidumbre... e aquí a verdade é que foi todo bastante suaviño. Seguimos coas comilonas de celebración, ensaiamos cos personaxes que faltaban, disfrutamos dun ambiente relaxado e divertido e por último, pasamos un par de días en varias localizacións facendo uns ensaios tecnicos que foron realmente útiles e cómodos.

Así que así chegamos a esta derradeira fin de semana antes de lanzarnos á improvisación. Ah, iso si, empezaron a sair algúns artigos en prensa nos que me decatei do difícil que é explicar como vai funcionar o das improvisacións. Despois de explicar como se plantexa todo con bastante detalle -ou iso pensaba eu-, un artigo comezaba con algo parecido ao seguinte:  "Sen guión. Así é como se vai rodar a película 18 comidas...". Supoño que non é doado explicar a relación entre o guión e a escena nunha película coma esta...

Bueno, tanto ten. O caso é que isto arranca e eu debería ir tirando para a cama, que mañá hai que madrugar.

Boas noites...

domingo 08 marzo 2009

En Xeral | 3 Comentarios | Permalink




Comentarios

Moita sorte! Moita merda!
Primeira vez que me paso por este blog, xusto o primeiro día de rodaxe.
Ánimo!

enviado por Señor Negro o 09 marzo 2009 ás 12:50 PM CET
Sitio web:: http://www.juliorodriguez.eu #

jorge,mucha suerte con tu nueva pelicula.Os tengo que mandar una fotos muy cachondas de mi boda(ayer mismo).Necesito saber alguna direccion para poder mandaroslas.Un beso agueda y javier

enviado por javier coira o 16 marzo 2009 ás 06:12 PM CET #

Jorge, soy Stephanie Quiles de México.
Escribo para la sección gastronómica "Buena Mesa" del periódico Mural de Guadalajara(Grupo Reforma en México).
Me gustaría hacerte una entrevista sobre 18 comidas, podrías porfavor enviarme un correo a stephanie.quiles-AT-mural-DOT-com para ponernos de acuerdo porfavor?
Gracias!
Stephanie.

enviado por Stephanie Quiles o 10 xullo 2009 ás 12:40 AM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado